Estimadas/os participantes no Programa Integrado RURAL-EMPREGA,
O vindeiro mércores 5 de xuño terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo unha xornada sobre o cultivo do Lúpulo no territorio de Mariñas-Betanzos.
Durante as ponencias, teremos a sorte de poder escoitar a expertos do sector tanto en aspectos agronómicos como de procesado, comercialización e oportunidades de emprendemento.
Para pechar a xornada tentaremos facer unha cata informal centrada nas cervexas artesás, incluíndo a que vós mesmos elaborastes durante as prácticas.
Contamos coa vosa asistencia!!!!!
Data: mércores, 5 de xuño de 2013
Lugar: CFEA de Guísamo
Hora: 10:00 h
No hay comentarios:
Publicar un comentario